Tous les articles par chuchoorg

¡Porca miseria!

Cando te ergues sen ningún achaque serio, en todo caso ningún achaque mais insoportable que os que che toca vivir ao cotián, saes da casa vendo todo positivo ou, en todo caso, relativamente positivo.

Alédome de vivir en unha cidade tan cosmopolita, tan tolerante e tan tranquila coma Xenebra onde moitas xentes de diversas procedencias e condicións poden compartir carreiros e atallos e cumprir cada cal o seu destino a carón uns dos outros. Continuer la lecture de ¡Porca miseria!

Je suis Charlie

983841_768619826561135_4554747621023004987_nO dia 7 de xaneiro de 2015, tivo lugar un acto dos mais repugnantes e covardes que se poden cometer polo simple e fácil que resulta tirar cara xentes desarmadas sin ningunha posibilidade de defensa.

12 mortos e varios feridos graves abatidos a sangue fría nos locais do semanario satírico humorístico francés Charlie Hebdo.

Non foi un acto relixioso nin ideolóxico, foi un resumen macabro de tanto odio sementado contra a laicidade e a liberdade. Continuer la lecture de Je suis Charlie

Polo mundo abaixo II

O_EmigranteHei de chorar sin bágoas duro pranto
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras
coma unha chuvia fría diante os ollos
e teño que chorar na sombra fuxidía
diste pútrido vento
que arromba a lealtá e pon cadeas
no corazón dos homes xenerosos.

Pois que somente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
indo, chorando, andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros i alboradas
para rubir ao cumio dos aldraxes.

Celso Emilio Ferreiro

Continuer la lecture de Polo mundo abaixo II

Europa, soño de mocedade.

EuropaSantanaOficialmente Francisco Franco xa dixera todo o que tiña que dicir e xa matara todo o que tiña que matar,  andábamos todos ledos rindo da famosa frase do seu testamento, lida na TVE solemnemente por Arias Navarro: «fica todo atado e ben atado». ¿Quen ía pensar que, case, 40 anos despois o “movemento nacional”, que el fundou a lume e a sangue, siga rexio e duro nos seus fundamentos? Continuer la lecture de Europa, soño de mocedade.

Polo mundo abaixo

AMORENELTRONCOTe digo adiós y, acaso, te quiero todavía,
no puedo olvidarte, pero te digo adiós.
No sé si me quisiste, no sé si te quería,
o tal vez nos quisimos, demasiado, los dos.

Ese cariño nuestro apasionado y loco,
me lo metí en el alma, para quererte a ti.
No sé si te amé mucho, no sé si te amé poco,
pero sé que nunca volveré a amar así.

Te digo adiós y, acaso, con esta despedida
mis mejores sueños mueren dentro de mí.
Pero te digo adiós, para toda la vida
aunque toda la vida siga pensando en ti.

«José Ángel Buesa» Continuer la lecture de Polo mundo abaixo

O Tele-club

Teleclub3Mirando polo internet adiante, caín en unha vella noticia de «El Correo Gallego» de fai uns anos en que o Concello de Santa Comba destinaba partidas orzamentarias para diversas obras e, como sempre, boteille un ollo crítico, mesmo que non interesen a ninguén, non deixan de ser curiosas as decisión que toman os nosos edís elixidos democraticamente pola maioría de carrexados. Continuer la lecture de O Tele-club