Fin do 2° piar para as hipotecas.

PiliertombeAnálise

Os prezos do inmobiliario poderán subir como a espuma antes do xeo do aforro do  2° piar.

Un artigo de Pascal Schmuck, Zurich. Da Tribune de Genève do 27.06.2014

O Consello federal (goberno xuízo) quere abaixar a posibilidade de retirar o capital LPP en vista de unha adquisición, por exemplo, no eido inmobiliario. Segundo os expertos, unha tal decisión so serviría a facer subir os prezos vertixinosamente.

Criticas do presidente dos propietarios.

A Federación de propietarios (HEV) está enfurruñada co derradeiro proxecto do goberno, que propón de prohibir o retiro do capital do segundo piar para mercar unha vivenda.

Presente na asembleia de delegados da federación en Schaffhouse, Doris Leuthard, foi convidado por Hans Egloff para poñer no bo camiño «os señores Berset et Schneider-Ammann» na próxima xuntanza do goberno.

Hans Egloff non llas aforrou aos bancos. Estes últimos son considerados culpables de ter introducido fai pouco condicións estritas para as atribucións de hipotecas, cando o mercado xa está pacificado.

O Banco nacional suizo (BNS) pensaba ter gañado a partida, el que tanto chama a atención dede fai anos contra o acaloramento do mercado inmobiliario. Martes, a Asociación suiza de banqueiros (ASN) anucniaba que a duración do amortizamento será reducida a 15 anos, contra 20 actualmente, provocando inquedanza.

prix-logementPero o mércores, o Consello federal puxo todo patas arriba anunciando que pensaba prohibir, ou mais ben limitar, a posibilidade de retirar todo, o parte, do aforro de providencia vellez (LPP).  Non facía falla mais para provocar un alude de advertencias, como explica o Tages-Anzeiger.

Medo de carreira cara o inmobiliario.

Para Matthias Holzhey, economista no UBS, este anuncio é «torpe», mentres que para o Crédito Suízo, intervén no «mal momento». Non so os prezos se amornaron nas rexións acaloradas que son o arco lemánico e a rexión de Zürich, senón que a vontade do goberno podería provocar un alude cara os bens inmobiliarios.

Efectivamente, os analistas desconfían que os potenciais compradores retiren o seu segundo piar antes da entrada en vigor da prohibición do Consello federal para inverter na construción. O Crédito Suízo teme tamén «unha carreira cara os bens inmobiliarios a disposición».

«Os prezos van arrincar cara a alza»

Par Lorenz Heim da casa VZ Hypothekenzentrum, este movemento podería poñerlle o lume ao mercado. Medo que comparte Fredy Hasenmaile e Thomas Riedes do Crédito Suízo, engadindo que todos os esforzos consentidos para arrefriar o inmobiliario poderían ir a ruína.

Un escenario reforzado polas inquedanzas rodeando a saúde do sistema de providencia en Suíza. Para Mathias Holzhey, isto non fará mais que aumentar os retiros de capital das caixas de pensión, co motivo que val mais inverter na pedra que deixar os seus fondos na Caixa con perspectivas de renda incertas.

Os axentes inmobiliarios anticipan, por tanto, un novo acceso de febre até que caia a decisión do Consello federal, posiblemente en 2016. Evidentemente, logo os prezos caerán.

Dobre condena

En 2012, os retiros de capital das caixas de pensión chegaron a 2,3 mil millóns de francos, segundo a Oficina federal de estadística. Sexa, como media, preto de 30’000 retiros por unha valor de 80’000 francos. Non existe ningunha cifra permitindo de saber se estes fondos foron invertidos no inmobiliario, pero segundo o UBS, o monto podería ser de un terzo mentres que outros estiman mais da metade.
(nota: o retiro masivo foi motivado polo medo a perder a posibilidade de retirar o capital coa entrada en vigor da libre circulación no Espazo Económico Europeo).

Cas disputadaA decisión do Consello federal penaliza, segundo estes medios, dobremente os futuros adquiridores de bens inmobiliarios, engade Lorenz Heim, non so os prezos van subir senón que os propietarios perderán tamén cartos cando queiran revender por culpa da baixa de demanda consecuente non podendo recorrer mais ao aforro do segundo piar para amortizar as súas hipotecas.

Artigo orixinal

Laisser un commentaire

Votre adresse de messagerie ne sera pas publiée. Les champs obligatoires sont indiqués avec *

Ce site utilise Akismet pour réduire les indésirables. En savoir plus sur comment les données de vos commentaires sont utilisées.