Os chivatos acendidos ou apagados

mirarMotorPor veces, no curso da nosa vida, acéndense unhas luces que nos avisan de un problema e actuamos como faríamos con un chivato de un coche.
Supoñamos que o indicador do aceite do motor se alumea mesmo se nos parece que aínda o mudamos non fai tanto tempo.
A primeira reacción é de darlle unhas lapadas e, se se apaga, continuamos con un certo aire de satisfacción coma se fóramos uns artista da mecánica.
Por veces non se alumea nunca mais e continuamos coma se nada até mais ver.
Na maior parte dos casos, a pequena luz, aluméase de novo e empezamos a preocuparnos.
Primeiramente, pensamos que o coche consume un pouco mais de aceite et imos mirar o nivel, no caso que estea baixo, metémoslle un pouco mais e esperamos a ver que pasa.
Pola contra, se o nivel é normal, pregúntamo-nos se o mecanismo do indicador non ficou un pouco preso no fondo do depósito do aceite. Pero, visto a factura do taller, esperamos un pouquiño, sobre todo que o coche non parece ter un comportamento anormal e decidimos de esperar a próxima revisión que está prevista dentro de menos de un ano. Sobor de todo que o mecánico de confianza nos dixo de estar atentos se o coche cheira raro ou se nos deixa colgados que o chamemos de urxencia.
Por tanto, despois de nos afacer a ver esa luciña alumeada, sen que, aparentemente, o motor sufra, continuamos a circular sen facerlle moito caso, preocúpanos un pouco cando alguén nos sinala que o chivato arde, pero dicímoslle que xa fai tempos que está así.
Un día ou outro, o coche remata por escachar e o do guindastre xa nos explica que val mais levalo ao desguace porque está rebentado.
A partir de aí empezamos a culpabilizar, a maldicirnos por non ter tomado medidas antes et incluso empezamos a votarlle a culpa a elementos externos, ao mecánico, as persoas que llo prestamos algunha vez et tal e que sei eu.
O feito é que nos atopamos sen coche e decidimos de nunca mais comprar un porque ter coche é unha lata. Pero pouco a pouco empezamos a ver que alugar non é rendible, que o ter un vehículo a disposición é moito mais cómodo e poñémonos a buscar un de ocasión (aínda pagamos o crédito do anterior e non temos os medios de outro novo) que estea en bo estado, que non levara moitos golpes e que a carrozaría non estea moi estragada. Despois de probalo na autoestrada, mercámolo.
No é axeitado de comparar un ser humano con un vehículo pero se materializamos o amor en esta terrible mecánica que é a vida, decatámonos do simple que ven sendo o comportamento humano cando se lle acenden os indicadores do mal de vivir.

Laisser un commentaire

Votre adresse de messagerie ne sera pas publiée. Les champs obligatoires sont indiqués avec *

Ce site utilise Akismet pour réduire les indésirables. En savoir plus sur comment les données de vos commentaires sont utilisées.