As pequena inxusticias

 

SaisonnGareA grande inxusticia é feita de pequenas inxusticias.

Antonio e Andrea chegaron a Suíza a mediados dos anos 60 e, dentro do malo, tiveron sorte que puideron vir os dous xuntos, cousa que non era corrente na emigración galega da época en Suíza.

Un tempo despois naceu Mar, a súa única filla.

Botaron uns sete anos e decidiron darlle a volta o destino  volvendo a terra, mercaron un piso en Santiago e volveron.

Continuaron a vivir as súas vidas en un ambiente modesto et foron indo traballando e observando como chovía e escampaba, collendo catarros e curándose, desfrutando da saúde que deus lles daba e deleitándose co percorrer da súa filla que medrou, foi a escola, fixo a primeira comuñón e… casou con un garda civil.

Como a todos nos, as horas amargas e o loito tamén veu zorregar o destino de esta familia feliz.

MullerChoraHomeAntonio que era camioneiro, tivo un percance na estrada e a morte namorouse de el sen facerlle a corte… pasou a fouce sen avisar e levou con ela ao noso amigo.

Andrea, pediu a súa renda de viúva a seguridade social e, en virtude dos acordos bilaterais a seguridade social pediu a historia laboral de Antonio ao seguro xuízo de vellez e sobreviventes.

A Seguridade Social Suíza respondeu que Antonio tiña recuperado as cotizacións e que, en virtude do acordo hispano xuízo de seguridade social, non tiña dereito a unha renda de viúva por Suíza.

Alguén lle aconsellou a Andrea de virme ver e, a pobre da muller, sacou o billete, de ela amais da filla, e viñeron a o que fora un cachiño do seu espazo de vida.

DezPorCenPresentouse na miña oficina e expúxome o seu caso. Visto así a simples vista, efectivamente, o acordo hispano xuízo prevía a devolución das cotizacións no lugar das rendas no caso:

  • que o dereito a renda fose inferior ao 10% da renda ordinaria simple,
  • que o beneficiario tivese solicitado a dita devolución das cotizacións,
  • e, en todos os casos, a operación faríase ao momento do dereito a realización da renda.

En observador perspicaz, e despois de darlle voltas a interpretación da lei, decateime que as tres condicións non estaban satisfeitas para que unha renda fose rexeitada.

Inda había outro atranco, un recurso foi feito por un avogado pero que non contemplaba a argumentación axeitada. Un novo recurso non era viable posto que o prazo fora largamente pasado.

Pero visto que o organismo da seguridade social suiza non tiña respondido, interferín un escrito argumentador anexo ao recurso.

FuxeBurocracA verdade é que visto o tempo que faltaba, os escasos e incompletos documentos dos que dispoñía, era ben pesimista, no interior de min, sobre a saída airosa do caso.

Algúns meses mais tarde, vindo no tren de Lausana, Andrea chámame para dicirme que lle aceptaran a renda e, incluso, lle daban os atrasos dende a morte de Antonio.

Como non quixeron sentar un precedente e chamar a atención de, sabe deus cantos, casos similares, a resposta que deron era que non tiña a proba de que o diñeiro das cotización fora xirado a Antonio… De feito, tiñan que pagarlle a renda amais os atrasos mesmo que Antonio recibira a devolución das cotizacións… Para o caso non importa… o resultado é o que conta ao fin e ao cabo.

A miña alegría foi inmensa ao recibir tal noticia… e pensei que non todo na vida son decepción cando defendemos aos pobres.

Nunca esquecerei os ollos de Andrea no meu escritorio, cando me procurou canto lle ía custar e que lle dixen: – non lle vou cobrar nada señora… vin o efecto sorpresa e non puido conter unha bágoa escorrer pola súa faceira…

Despois de avisala que nada estaba seguro e que non lle prometía resultado, colleu a miña man apremouna contra a mesa e díxome, mirándome aos ollos con esa mirada firme e profunda coa cal se transmite a confianza espontánea…
ViuvaSola– Non se preocupe que o que vostede ven de dicirme aínda ninguén mo dixo… non me promete nada e non me cobra nada!

Non sei da xusteza do lema: «emigrantes non defraudadores», o que si sei é de emigrantes defraudados.

Laisser un commentaire

Votre adresse de messagerie ne sera pas publiée. Les champs obligatoires sont indiqués avec *

Ce site utilise Akismet pour réduire les indésirables. En savoir plus sur comment les données de vos commentaires sont utilisées.