A banana sagrada

monos¡O vagar fai culleres! dicía miña aboa ao saírenme ocorrencias cando procuraba un cantiño e esperaba a vontade de traballar abandonar o meu corpo cavilando nas cousas da vida.

Esta frase, integrada no meu disco duro, veume ao pensadelo cando escoitei en algunha parte falar de un experimento curioso dos moitos que disque fan os científicos para intentar darlle xeito a certos comportamentos humanos irracionais ou condicionais.

Un grupo de científicos meteu cinco simios en unha gaiola, instalando no centro unha escada e, na cima, unha restra de bananas.

Cando un dos monos aganchaba pola escada para coller bananas, os científicos batíanlle auga fría aos que ficaban no chan.

Logo de un tempo, cando un mono ia aganchar pola escada, os outros metíanlle unha somanta de hostias porque comprenderon que ese feito daba lugar automaticamente a ducha fría.

Cando viron os científicos que ningún mono tentaba de coller bananas, a pesares da impulsión natural, substituían un dos monos por outro alleo a tamaña vivencia. Evidentemente, a primeira cousa que fixo o novo residente da gaiola foi subir a escada, pero desistiu cando os outros lle brincaron enriba a pancadas.

Logo de unha serie de malleiras o novo integrante do grupo desistiu do proxecto de ir coller bananas. Un segundo mono foi substituído e ocorreu o mesmo percance. O primeiro substituto participou con entusiasmo na malleira do novo residente da gaiola.
Un terceiro novato foi reintegrado a gaiola na praza de outro dende que o segundo tamén estaba condicionado e os científicos repetiron a operación até que o derradeiro mono veterano foi substituído.

Os científicos ficaron, entón con un grupo de cinco primates que, anque nunca recibiron auga fría, continuaban a mallar a todo o que intentase chegar as bananas.

Se fose posible procurar a algún de eses cinco porqué lle zumbaban a quen tentase escalar a escada, con certeza a resposta sería:  » Non teño idea, que eu acorde, sempre foi así en esta gaiola.. »
NenoReza
¿Non vos interpela a historia sobre as vosas vivencias?

Une réflexion sur « A banana sagrada »

  1. Canto temos k aprender nos!!!! Se cada vez k algún « listo » mete a man,o deixaramos pa sacramentos,habiase d acabar tanta »corrutela »…..digo eu!!!

Laisser un commentaire

Votre adresse de messagerie ne sera pas publiée. Les champs obligatoires sont indiqués avec *

Ce site utilise Akismet pour réduire les indésirables. En savoir plus sur comment les données de vos commentaires sont utilisées.