Denantes morto que escravo

ColumnasAnimais«Mire vuestra merced -respondió Sancho- que aquellos que allí se parecen no son gigantes sino molinos de viento y lo que en ellos parecen brazos son las aspas que, volteadas del viento, hacen andar la piedra del molino.» (Miguel de Cervantes)

MerlosPrefiro mil veces ser melro negro, andar todo o verán escalando nas moreas de esterco para atopar miñocas coas que agasallar algunha melra incauta para despois voar detrás de ela de silveira en silveira asubiando as miñas torpes melodías e morrer de fame e frío no inverno cando non teña aas para emigrar a outros eidos mais mornos.

CarneiroPrefiro ser carneiro folerpado, loitar coas toxeiras que se enredan na miña lan, non descansar na noite dende que sinto o lobo ouvear no cotarelo, escalar na xeada mañanceira para atopar catro herbiñas e asi enganar o meu ventre famento, turrar até esvaecerse contra o carneiro doméstico polos amores de unha ovelliña de ollos negros que me leva a miña alma en pena por carreiros e camiños de entre o toxo sen rumbo e morrer vencido por un mozo lobo que me atopou no seu camiño cando eu xa non poida correr.

NespreraPrefiro ser nespra solitaria, non dar mel a ninguén, so adorar as flores pola súa beleza e pousarme nos seus pétalos para beber as gotas do albor, ser odiado porque sempre encordio e non cotizo nos mercados do mel, esperar que os primeiros xeos do nadal me paralicen para sempre esperando as raiolas do maio que desperten as miñas larvas, única garantía da miña especie.

PaisaxeSalgueirosPrefiro ser salgueiro silvestre ben plantado no arró de un regacho, sempre vivo, agarrándome a vida en calquera condición, cando me cortan chega con que me deixen na terra e as miñas raíces procuran buscar a humidade das entrañas da nosa terra, non preciso cuidados nin pesticidas, deféndome so e desafío ao vento que furioso de non poderme partir coa súa potencia dobrégame até o chan obsesionado por partirme. O meu follaxe fai rebrilar os raios de sol na auga coma se mil estreliñas viñeran agocharse aos meus pes mentres o rei Sol aterroriza cos seus raios alumiando o universo coñecido. Morrer por un fouciño traidor ou porque un peto me fura para facer o seu niño e as miñas polas van rematar no rio onde fillan para maior gloria miña.

PaxareiraPorque os canariños engaiolados que cantan lindas melodías para millonarios e son despiollados e perfumados comendo alpiste en finos pratiños dourados, sacados ao balcón por finas mans de seda, protexidos na noite preto do radiador morren escravos.

Carneiro1Porque o carneiro de concurso, ben rapadiño e perfilado, cheo de chapas nas orellas, marchando marcial a carón de un lexionario ou esperando atado a un ferro no campo da feira un comprador, non escolle contra quen vai turrar, a defecto de morrer combatendo o lobo, é comido para celebrar aconteceres alleos.

AbellasPorque as abellas produtoras, sedentarias que espolian as flores a diario producindo doce mel para ser espoliadas a súa vez cando as arcas estean cheas, desvivindo para a súa reina e nin sequera desviarse dos seus obxectivos para admirar tanta beleza que ao redor ten, están perdidas cando a reina morre e non ten ningunha esperanza.

madeiraFinaPorque as madeiras nobres están en ringleiras, cultivadas e con razas feitas en laboratorio, ninguén as ve como elas son senón convertidas en zocos, carros, arados, mesas ou cadeiras, morrer no medio de uns berros espantosos de un tronzador ou unha motoserra, cortadas en toradas medidas e equilibradas e as súas polas van parar ao lume purificador.

FusilamentoPrefiro en fin ser home anónimo, librepensador, mal composto, desprezable, putañeiro e marxinal, morrer so  mentres caio.
FlorFusilPorque ser importante, ben-pensado, amañadiño, apreciado, moralista e socialmente útil require morrer sen saber o que é a vida.

Laisser un commentaire

Votre adresse de messagerie ne sera pas publiée. Les champs obligatoires sont indiqués avec *

Ce site utilise Akismet pour réduire les indésirables. En savoir plus sur comment les données de vos commentaires sont utilisées.