Polo mundo abaixo II

O_EmigranteHei de chorar sin bágoas duro pranto
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras
coma unha chuvia fría diante os ollos
e teño que chorar na sombra fuxidía
diste pútrido vento
que arromba a lealtá e pon cadeas
no corazón dos homes xenerosos.

Pois que somente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
indo, chorando, andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros i alboradas
para rubir ao cumio dos aldraxes.

Celso Emilio Ferreiro

A integración

Lelo estaba preocupado, Che maría non daba vido e o tren para Camagüey estaba para saír.
– Onde se metería ese desgraciado.

Indalecio tiña un pano apertado no nariz, a plataforma estaba abarrotada de mundo, o leve vento traía, dun xeito parsimonioso, de un xeito testudo, o fume cara eles deixando caer unha chuvia, a cortar ca navalla, de po de carbón.

Xa empezaban as bielas a bulir e a locomotora a bufar para tomar carreira cando o nerviosismo desenfrenado se apoderaba de Lelo preocupado pola tardanza de Che María.

Indalecio subiu como pudo e reclamoulle pola xenela os baules:
– ¡Pero haber homiño! Dame eses bultos e sube, non vas esperar ahí plantado.
– Eu sen meu irmán e sen Armando non vou a ningunha parte.
– ¡Mala centella vos coma, a ti amais ao raio de teu irmán! Súbeme os meus paquetes logo e que vos parta un raio.

Os empregados do ferrocarril empezaban a empurrar a xente que se aproximaba de mais aos vagóns para permitir a saída da estación e, para tranquilidade de Lelo, Che María amais Armando chegaban correndo. De este xeito lograron subir cando xa a velocidade do monstro de aceiro obrigaba a correr polo andén.

Xa instalados, os catro compañeiros, mentres envolvían uns cigarros, empezaron a falar ilusionados por chegar a Cienfuegos, dicía Armando:
– ¿E logo, Indalecio, ti pensas que o teu parente terá algo para nos?
– ¡Home!, eu non che podo asegurar nada, haberá que ver cando cheguemos pero, de todos xeitos, a vida que levabas vos na Habana, coa lei de vagos e sen cédula de traballo, non vos era moi axeitada. Malo será que non atopedes algo.

Par matar o tempo, mentres o tren avanzaba lentamente pola exuberante campiña cubana, botaron unhas partida de cartas o tempo que falaban de todo un pouco:
– Ollade para meu irmán Lelo, que aposto che está con ese chaleco raiado. Mesmo parece un marqués. Custoulle deixar os zocos pero vai mellorando
– As veces un ten sorte, o levar unha talla menos que o patrón do Galego, a muller doulle os traxes – dixo Armando- Os primeiriños pesos que gane serán para mercarme un, este xa está gastado, anque ten un valor sentimental, mercoumo meu pai para cando dixera a primeira misa e tivo que vender un boi.

Botáronse todos a rir.

Simpatía

Cando chegaron a aldea de Simpatía, estaban desfeitos e cansados. Fulgencio, que os foi buscar co carro de mulas a estación de Abreus, axudoulles a baixar as huchas e tróuxolles unhas cadeiras para que se sentaran a sombra de unha palmeira diante da casa de Roberto do Coxo que emigrara facía uns anos e facía de capataz nas carboeiras
– ¿Así que vos sodes os fillos do Codeso de Recarei? Ti seméllaste moito, dixo sinalando a Lelo. ¿E logo ti de quen es? , falando para Armando.
– A min non me coñece, eu son de Pontevedra, viñemos xuntos no barco e xa non nos separamos.
– Moi ben, falou Roberto, mañán pola mañán lévovos comigo para as Carboeiras e falo co Patrón, así que agora ide bañarvos ao rio e descansade que se ides con esa cara non vos colle, dades mágoa.

Carboneras_moitasO patrón das Carboeiras, dou unha volta arredor do grupo no medio de un grande silencio, acariñando a barba. Logo fixo un sinal coa cabeza a Roberto e foron para a cabana para volver en uns minutos.
– Eu teño traballo para un, as cousas non van moi ben, pero despois de escoitar a Roberto, vouvos contratar aos tres por caridade. dous pesos por día, descontando 10 por mes pola pousada. Empezades luns a saída do sol.

Non sendo moita a paga, para quen nunca tiña visto un salario, era extraordinario.

¡Que ven os milicos!

Herminio do Sabelo, corría polo camiño do Bananal coma un tolo berrando:
– ¡Escapade todos! Os militares veñen cara aquí. Deixaron a Loma cuberta de cadáveres.

Os mais vellos do lugar colleron o que podían transportar ao lombo e escabulláronse de presa na devesa, os novos fixeron o mesmo vendo que algo ía pasar sen saber o porqué.

Fulgencio, sen ollar para tras, convidada aos nosos amigos a seguilo porque sabía de un currucho onde el construíra uns abrigos con escórea de carbón e terra para agocharse na perspectiva de unha tal situación.

300px-BatistaFireSquadUnha vez que todos estaban dentro da guarida e que ían tomando folgos, este explicou para eles:
– O noso presidente, o xeneral Gerardo Machado, que foi elixido no ano 25, ao termo do seu mandato, en 1929, pediu ao parlamento unha prolongación extraordinaria para combater aos anarquistas que se revolven porque consideran que Machado é un ditador. A táctica principal dos insurrectos é de asasinar aos seus achegados. A cada vez que hai un asasinato, os soldados fan batidas, coa escusa de buscar os rebeldes, e a miúdo váiselles a man matando a quen atopen.

Armando, visiblemente interesado polo asunto, pregunta:
– ¿E logo porque marchamos coas cousas?
– Porque se non nos atopan, ten por costume de poñerlle o lume as barracas.

A vida no monte

Prieta, a criada negra, era a única representante, agás a súa filla Cándida, do pobo feminino no campamento das carboeiras.

Sendo o derradeiro sábado do mes, Prieta veu cobrar os 50 centavos que cada un lle pagaba por mes por lavar a roupa cada semana. O capataz pagáballe un peso por día por varrer as cabanas, limpar as latrinas e facer de comer para os 25 obreiros que conformaban a cuadrilla.

Roberto do Coxo, era o único que se podía permitir unha parrocha nas prominentes nádegas de Prieta sen que ela lle remangase un lapote, por iso, o feito que Roberto se deixaba caer pola cabana de Prieta para rescaldar as pernas nas fresquiñas noites cubanas era un segredo a berros.

Anque ela non falaba da súa vida privada, os rumores dicían que o seu home era un tal Camorro que morara no antigo barrio escravo de Cumanayagua abdicándose a cultura e elaboración do tabaco en condicións infrahumanas até que foi encadeado polos axentes de Machado. Logrou fuxir do presidio na confusión de unha revolta pero, estando intensamente buscado, andaba agochado pola Serra de Escambray.

Che María, decidiu de ir celebrar o primeiro salario da súa vida (48 pesos) a Abreus, limpou os zapatos, comproulle por 10 centavos un frasco de colonia que Cándida fabricaba con flores aromáticas e subiu, todo endomingado, para o carro de Fulgencio.

Lelo decidiu ficar na barraca, alegando que se atopaba canso pero, en realidade, a súa preocupación era a de aforrar o mais posible. Algo lle dicía que, sendo o fillo mais vello do Codeso, mais tarde ou mais cedo, tería que tomar as rendas da casa e era mais axeitado volver con catro pesos no peto que pelado de todo.

Nas aforas de Abreus, centos de obreiros dos bananais, dos campos de tabaco e cortadores de cana, afluían cara os quilombos que contribuían de xeito importante na fluidez de «capitais». O ron corría a regos polas gorxas de estes rudos traballadores mentres unhas mans finas e cariñosas se paseaban polos pelos dos seus peitos dando una sensación de benestar, anque comprado, apreciable cando a vida é tan cruel.

Che María sentouse en unha cadeira en un currucho do abarrotado e fumeante local, pediulle un puro e un vaso de ron a señorita lixeira de roupas e con plumas por todo que o trataba de «cabaleiro»

PamplemusaUnha mulatiña con unhas pestanas de dous centímetros, pasou dando un remosco ao seu arredor e pasando a longa unlla do índice da man dereita polo peito baixando suavemente cara a barriga:
– ¿Que fai un mozo tan aposto coma ti sen compañía?

Che maría non podía articular palabra. Tiña os ollos coma pratos coa vista cravada no escote de aquelas dúas froitas que pelexaban por saír da roupa no peito da moza:
– ¡Oi, caramba! Un tímido. ¿non che gustaría pasar uns momentos agradábeis bañándote comigo? Por so 12 pesos, lévote ao paraíso.

Che maría, en ese momento, contentábase con un bo inferno e sen dicir nen si nen non, meteu a man ao peto para procurar os 12 pesos:
– ¿Non serás mudo, verdade? Dixo a mulata.

Mentres se deleitaba ollando as pernas coa perspectiva marabillosa que lle ofrecía a subida das escadas camiño do cuarto, o corazón batallaba con rabia bombeando sangue a gargallóns para encher de forza o seu membro viril que, tal boi aguilloado tirando do carro de toxo, semellaba fungar tentando romper os botóns da petrina.

En chegando ao cuarto, a profesional, comeza a desabotoarlle a camisa en tanto frega o seu corpo contra el. Un caudaloso rego de suor escorre abundantemente mollando a roupa e fica teso coma un abeneiro sen atreverse a mover nada. Dende que estivera na cama de Xusta, non vivira outra experiencia semellante. Con Xusta non era a mesma cousa, a luz estaba apagada e espíase no medio das sabas de liño.

Inda non metera o pe esquerdo en aquel enorme balde de auga morna que a moza lle acariñou as partes nobres e Che María perdeu os estribos deixando a súa materia branquexada nas mans da «pamplemusa»:
– ¿non me digas que é a primeira vez? Dixo ela.
– ¡non muller!, dixo el evitando a súa mirada e baixando a vista en sinal de vergoña.
– ¡Non pasa nada chico! agora vas perder esa tensión no medio de esta auga perfumada. Ven que asemellas precisar unhas batidas. Dixo a rapaza en medio de unha forte risa.

Despois de queimar a gorxa con uns abundantes tragos de ron e distenderse nos brazos de aquela descoñecida, Che María colleuna nos brazos, arrebolouna no catre do fondo do cuarto con unha mestura de violencia e dozura que case desorientou a profesional que Zumira era.

Mentres o seu corpo navegaba en un vaivén acompasado, penetrando con forza en aquela mazá colorada que facilitaba a faena con deleitación e, até se podía dicir, que non simulaba aqueles xemidos que a cada investida ela emitía, Che María pechou os ollos e pensou fortemente en Xusta, coa rabia de maxinala nos brazos de Chucho do Zoqueiro cada noite e que ela, secadra, tamén xemía, non puido reprimir uns empurróns un tanto bestiais, coma se a quixera castigar, que remataron en un orgasmo turbulento.

O domingo, despois de asistir a misa e de saborear o xantar especial de quinbombó e güiabas que Prieta amais Cándida prepararon, como era habitual, marcharon para Simpatía onde se xuntaban os de Xallas e Val do Dubra que cortaban a cana en toda a comarca para festexar xuntos e intercambiar informacións que uns e outros recibían da Patria. Organizaban partidas de cartas, xogaban o pulso practicaban a loita aos mandos, tendo así a sensación que estaban coas vacas nas cortiñas de Recarei.

Como facía falla un que ficase para gardar o campamento, Lelo ofreceuse voluntario e dixo mentres marchaban os outros:
– ¡Non esquezades de preguntar se alguén ten unto para facermos un caldo!

A Inocencia e a modestia

Lelo foise sentar ao pe de unha árbore a beira do camiño, rompeu unha poliña e meteuna na boca, puxo o sombreiro enriba da cara e púxose a soñar coa Agra de Baixo, co Cotarelo, co Agro de Negreira, cos arrós de Devesa de Arriba…

Estaba xa coqueteando con Morfeo, cando veu enturbar o seu soño Prieta que lle pediu se podía subir á arbore para lle coller unhas follas e unhas flores en un cesto de aro que ela lle tendeu.
– Ti es unha meiga, Prieta ¿para que andas recollendo tantas herbas e tantas follas?
– Moito criticar o que eu fago pero cando levades un golpe ou tedes asma ben que recorredes á meiga para que vos faga unha compresa ou vos dea un remedio.

Mentres Lelo recollía as follas e as flores que Prieta lle ía indicando, ela proseguía explicando:
– Esta árbore, amor meu, é a Moringa. Perante moito tempo foi a Árbore da Vida, a Árbore Milagreira para os escravos que gardaban celosamente as propiedades das súas follas, dos seus froitos e até das súas raíces.
Conta a lenda que as súas nabiñas foron introducidas polos meus antergos escravos vidos da África.
Os amos non se explicaban que, a pesares das malleiras, dos malos tratos e da mala nutrición, os escravos se conservaran fortes e en boa saúde, curando, case milagrosamente, as feridas dos ferros nas canelas e a maior parte das doenzas que facían estragos entre a poboación branca.
Os nosos antergos ensináronos que as follas da Moringa, e as vainas, cando se toman regularmente, alimentan o corpo coas vitaminas necesarias. Sirve tamén como remedio preventivo contra certas enfermidades.
Se non fose polos meus remedios, a Roberto matábao a asma.

A modo de precaución para protexer os segredos das fórmulas dos seus remedios, Prieta, advertiu:
– Pero moito coidadiño, mal feitos, os meus remedios tamén te poden matar.

De súpeto, a conversa foi interrompida por uns berros que viñan dos lavadoiros do regacho, era Cándida pedindo auxilio. Lelo votouse a correr cara onde viñan as chamadas con Prieta que o seguía torpemente e, en chegando, sufocado, viu a filla de Prieta, caída polo chan, coa roupa rachada e os brazos machucados. Sen pensalo, sacou a camisa e botoulla por riba para agochar as súas partes que ficaron ao descuberto dado que a saia fora arrincada.

Prieta caeu de xeonllos ao pe da nena e preguntou con rabia:
– Miña ruliña ¿Que che fixeron? ¿quen foi o fillo de mala nai?

A rapaza saloucando, repetía unha e outra vez, como se se quixera librar de unha culpa, da culpa da inocencia:
– ¡Nada, mamá, nada! Ninguén me fixo nada.

Lelo colleu Cándida nos brazos con xeito e levouna para a cabana, deitouna na súa cama e deixouna a soas con Prieta saíndo e pechando a porta, respectuoso do momento que adiviñaba grave.

Ao por do sol, cando os obreiros comezaban a chegar, cantando e coas mentes ben dispostas pola alegría que da o ron engulido en Simpatía, Lelo achegouse a cabana de Prieta para preocuparse polo estado da moza. Prieta tirou por el para dentro e pechou a porta, mandouno sentar en un tallo ao pe da cama onde as dúas negras durmían e dixo para el:
– Leliño, meu neno, mira, pola nai que te pariu, pídoche que gardes o segredo do que pasou.

De entrada, Lelo non estaba de acordo, reivindicaba o dereito de saber quen fora o mal nacido que lle tiña feito tanto mal a Cándida para que os compañeiros o castigaran como se merecía, pero Prieta aseguroulle que non fora ninguén dos traballadores de Roberto, que ela o coñecía e que non ía ficar impune cando Camorro, o pai de Cándida se decatase.

Despois de prometer que gardaría o segredo, Lelo dirixiuse ao pallal de canas do medio do poboado que servía de comedor para atoparse con seu irmán que viña de chegar con Armando e Indalecio, que ao velo chegar, díxolle:
– Mira ti o zamurdo de meu irmán, porque ficou aquí todo o domingo, mentres nos imos pagar as pamplemusas a Abreus, el ferrella na Prieta… ¿Canto che cobrou?

Lelo doulle unha cotelada no cocote a Che María e sacou a petaca para ofrecer tabaco:
– Fumade un cigarro e calade que mañán non ides ser tan valentes metendo cachopas nas carboeiras.
– ¡Noites de lobo, mañáns de año! Dixo Armando.

Ollos de mel

Cándida, con aquela mirada do canto do ollo, con aquel pelo crecho, coas súas perniñas ben dereitas, cintura estreita e peitiños que se adiviñaban soltos debaixo da chambra floreada, presentouse na porta da caseta onde moraban os catro amigos:
– Lelo, Mama Prieta dixo se podías vir, que che quere dicir unha cousa.
– Dille que vou de contado, estou rematando de coser unha bota.
– Ten presa, dixo a moza.

Indalecio, chiscándolle o ollo aos outros, díxolle:
– ¡Veña oh! Esas cousas non se poden deixar para mais adiante. Xa che remato eu de coser a bota.

Una risa xeneral desatouse e Lelo, contrariado, saíu da cabana cara a de Prieta.

Chegando alí, dado que Lelo coñecía a situación de Cándida, pediulle se el podía acompañar Cándida cando ía a fonte. A rapaza estaba traumatizada e non quería ir soa pola devesa.

Lelo, ficou un instante pensativo, ollou para Cándida e cando as miradas se atoparon, ela torceu a cara mentres tentaba agochar a meniña no canto dos ollos, xuntando as mans como suplicándolle que aceitase.

En certas ocasións, en uns breves instantes, un fluxo de millóns de informacións circula entre un emisor e un receptor e, sen mediar parola, concluísense acordos tácitos entre dous seres do contido dos cales nin eles mesmos son conscientes.

Lelo prometeu de facer o que lle pedían e Cándida, sorriu polo baixo e doulle unha mirada de agradecemento, colleu o balde amais a mulida para a cabeza e saíu cara a fonte dando saltiños e cantando:
El cariño que te tengo
Yo no lo puedo negar
Se me sale la babita
Yo no lo puedo evitar

Limpia el camino de pajas
Que yo me quiero sentar
En aquel tronco que veo
Y así no puedo llegar

Entrando na devesa, Cándida esperou por Lelo que camiñaba atrás de ela:
– ¿Ti tes noiva en España? Díxolle.
– ¿Por que? ¿estás interesada? Respondeu el preguntando.
– Era por saber, eu non teño ninguén. Pero os homes sodes malos como di Mamá Prieta. Continuou ela.
– Non podes medir a todos coa mesma vara. ¿Non me queres dicir quen foi o que te atacou o outro día? Tentou saber Lelo.
– Era un Mulato dos canaveirais, eu non o coñezo pero ten a cara marcada a machete e, cando llo dixen a miña nai, ela dixo que fora meu pai que lla marcara. Quen sabe, ao mellor, a hora que é xa está morto. Meu pai veu a noite pasada falar con Mama Prieta.

Aquela noite, Lelo non concilio o sono até a media noite, a figura esvelta de Cándida enmeigou o seu espírito e, ao erguerse pola mañán, constatou que o seu corpo respondera a chamada da natureza deixando unha grande mancha na saba.

Sindicalismo primario

Nas carboeiras, o traballo era moi duro e, despois das derradeiras folgas dos traballadores na prensa de cana, a baixa produción de ron obrigou aos industriais do sector a aumentar a man de obra para satisfacer a demanda exterior. De ese xeito varios traballadores marcharon para Yaguanabo cortar cana por 4 pesos por día.

Un día, mentres se abrigaban de unha tormenta tropical, Indalecio do Médico dicía:
– Isto non é vida, así non pode ser. Levamos xa un ano aquí e non aforramos case nada. Traballamos coma escravos por dúas perras. O irmán de meu cuñado anda buscando socios para montar unha telleira e a min paréceme que non é mala idea, o carbón para os fornos non está lonxe e hai centos de barreiras nos arredores. Eu vou ir traballar con el.

Armando concordaba con Indalecio:
– Ten razón, o outro día en Abreus, vin a un de Ponteceso que anda apañando café en Mayarí e dixo que ganaba 4 pesos e 50 centavos por día. Ademais ten un sindicato e fan so 48 horas por semana.
– Eu tamén escoitei dicir que por alí hai problemas cos escapados da Serra de Escambray que por veces sáenlle ao camiño nos días de paga e sácanlle os cartos. Dixo Che María.
– Pode ser certo pero non hai que facer moito caso a esas conversas, os patróns fan correr rumores para desprestixiar os anarquistas. Argumentou Armando.

Roberto, que non apreciaba moito a conversa, aproveitou que a choiva rematou para recalcar que se non se metían ao traballo con mais ánimo aínda ían gañar menos.

Aquel venres, dous  canarios e un asturiano que levaban ao menos 10 anos alí marcharon para Ranchuelo, xa na provincia de Santa Clara, cortar na cana e un dos Chios de Freixeiro foi para Palmira para o amaño da estrada de Cienfuegos a Santa Clara. Até o contable marchou para a planta de secado de café de Manicaragua, o que motivou que Roberto tivo que botar man de Armando, que era o único que entendía de contas, oferta que el aceptou a cambio de un salario de 120 pesos por mes e un aumento para os seus tres amigos de peso e medio por día.

O primeiro domingo de setembro, día de nosa señora pequena, ficaron de xuntarse os emigrantes da comarca procedentes de Vilamaior en Simpatía. Até o alcalde de Abreus asistiu, houbo misa solemne dita por un frade de Paredes e despois baile.

Cándida morría por poder asistir , tivo que Lelo rogarlle a súa nai que a deixase e logrouno baixo a promesa que lla traería antes da media noite. Nunca tiña asistido a unha tal festividade e andaba por todo, observando, sobre todo, os traxes que traían algunhas señoras. Até se divertiu cando un home con unha prominente barriga e uns longos bigotes lle ordenou de lle traer un batido de ron pensando que era unha das serventas do bar, ela foillo buscar, parecíalle natural despois de pasar os seus 16 anos obedecendo.

As 11 da noite, Lelo, colleuna por un brazo e lembroulle que tiña que volver para a cabana, ela colgóuselle no pescozo toda melódica e díxolle:
– Veña Lelo, ven bailar esta cumbia e despois xa imos.
– ¡Pois so unha peza eh! Asentiu el, coma se estiver contrariado, pero que non nos vexan moito os outros que despois rumorean.
– Non te preocupes, con o «jalaos» que están non se decatan

A orquestra tocaba:
Una chica enamorada
al novio con ilusión
Le decía muy apurada
bésame en este rincón.

El novio le dijo espera
deja que pase la gente
Que miradas callejeras
son miradas imprudentes
Que miradas callejeras, mi amor,
son miradas imprudentes.

Como quieres que te bese, mi amor
si la gente está mirando de allí
Esperemos un momento mejor
para poder besarte así,
así, así, así.. ieeeechaa!
Así, así…¡dale cintura a esa mulata,
Compay!
¡suéltala, suéltala.

E o amor aconteceu

Polo camiño, Cándida camiñaba de ganchete con Lelo e cantaba
­ bésame en este rincón…
bésame en este rincón.

Ao chegaren a Lomilla do Cerro, colleron o atallo da Veredita, Lelo colleuna pola talla para pasar o valado e ela doulle un bico poñéndolle os brazos arredor do pescozo.

CandidaLelo, que xa non as tiña todas consigo dende facía tempo pero que reprimía os sentimentos, deixouse ir, levouna no colo ate o pé da árbore andante e pousouna con xeitiño, deitouse na súa beira e deixou que ela o acariñase con tenrura.

O seu peito parecía un batá en una noite de sandaría, o corazón desbocouse e o cerebro recibía miles de descargas eléctricas, xa non era dono do seu propio ser.

Co medo de magoala nas raíces da árbore, axustouse debaixo de ela. Ela arrincoulle literalmente os tirantes do pantalón e, coa destreza que o instinto ofrece en momentos de forte callentura, Cándida guiou o obxecto do desexo de Lelo cara o seu interior, tentando de reprimir un alarido cando sentiu aquela mestura de dor e de inmenso pracer.

Tanta era a intensidade do momento que, ningún dos dous se decatou que unha mestura de sangue e de secreción viril se derramou con abundancia por eles delatando sen paliativos o acto pecaminoso.

Debido a grande fatiga que causa tal acto, Cándida caeu rendida sobre el e el abrazouna con agarimo de tal xeito que, de novo, en algúns minutos, ela sentiu a excitación de Lelo contra a súa barriga e renovou o acto que, esta vez xa mais pousados, os dous amantes prolongaron un largo momento e sentiron aquelo que ningún dos dous sentiron nunca nen, moi probablemente, volverían a sentir con tanta intensidade.

Extenuados, collidos da man, emprenderon o camiño cara o poboado sen falar, facendo altos para que Lelo bicara aqueles carnosos labios que tantas veces soñara e que lle semellaba, aínda agora, un soño do cal non quería espertar.

Cándida, antes de entrar na cabana, doulle un derradeiro bico, fregando o seu corpo mollado de suor, ao agoche do luar debaixo do pórche e dicíndolle:
– ¡Até mañán! E polo baixiño: – ¡Quérote!
– Eu tamén, dixo el xa de costas.

Lelo deitouse no seu xergón de pallas e pensou:
– ¡Se meu pai me vira! ¡Con unha negra!

Novas da Terriña.

O domingo, a saída da misa que oficiaba, como cada domingo, o frade de Paredes, este repartía o correo que el traia de Abreus.

Antes de comer, todos os que recibiran carta arremuiñábanse arredor de Armando que oficiaba de lector oficial.

Primeiro, Armando leu a que recibiu Indalecio do Médico de súa irmán Maria das Dores:
– Meu querido irmán, Saberás que Mipá está na cama, e tose moito, Mimá chora todo o tempo, e todos te botamos moito de menos…
Se puideras mandarnos uns poucos cartos para poder mercar uns remedios moi bos que venden en Carballo estaríamos moi agradecidos..
Polo demais, saberás que o outro día vin da feira canda Lena do Codeso e faloume do seu Lelo, díxome que era o da casa e que non lle estarrecería nada que fora a súa nora.
Como disque non estades lonxe, daraslle recordos meus e diraslle que, se me da palabra de casamento, eu espero por el…

Logo tocoulle a vez a carta co nome de Che María, que ía dirixida aos dous irmáns, Che María botou unha risa e dixo:
– Estou vendo de aquí o Martiño dicindo a cada palabra de miña nai: ¡Que mais!

Os outros riron pouco porque esperaban impacientes a vez de cada un súa lectura e Armando proseguiu na lectura:
– Queridos fillos, esperamos que esteades ben, nos aquí ben gracias a deus…
Saberedes que morreu o Benito da Xunqueira de repente, desconfían que o picou unha cóbrega…
Por aquí din que agora en Cuba empezan a botar aos españoles para dar traballo aos cubanos pero, polo amor de deus, vos non pasedes fame. Se tedes que vir vides que, se non andamos cheos, tampouco non morremos de fame, que temos broa de abondo…
Agora vai vir o inverno e tedes que ter roupa que Che María é moi propenso a coller friaxes.
(Todos botaron unhas gargalladas)
Queremos que saibades que vai sendo hora de que Lelo busque unha mulleriña, o outro día viñemos con Dores de Médico da feira e ela parece disposta a falarlle a Lelo… A nos non nos estarrecería que viñera para a casa que é ben traballadora e humildiña… Tampouco no parece de mal corazón…

En iso, Cándida que estaba atenta, decatouse do escenario que se perfilaba en un futuro próximo e botou a correr cara a devesa.

Ao chegar ao Camiño dos Fuxidos, na beira do rio, botouse ao chan extenuada, ferida no medio do peito, saloucando e petando cos puños no chan.

Aló no fondo esperaba que Lelo viñera asegurarlle que a amaba e que nunca se arredaría de ela, que a collería no regazo e a bicaría mentres lle limpaba as lágrimas co seu pano que ela lavara e perfumara no día anterior.

Lelo, quixera facelo pero non o fixo, atopábase en unha encrucillada no camiño da súa vida, entre a paixón de un amor morno, desenfreado, tropical e libre e a razón do destino que o seu nacemento labrara para el. Os compromisos do mundo contra os compromisos do corazón. Se fose un idealista, coma seu irmán ou Armando, tivérase decantado polo azar do mañán libertario pero pensa que sempre é mellor estar esperto que ter que durmir para soñar.

Pouco a pouco, Cándida foi collendo respiro e as lágrimas secaron nos seus grandes ollos, ergueuse, sacudiu o mandil coas mans e botou a andar coa cabeza erguida disimulando a impotencia e a rabia da humillación que supón a culpabilidade de asumir soa a falla de compromiso do outro ser amado.

azuAlmaPrincesaA partires de ese momento, as olladas que Cándida lle botaba volvéronse, a cada vez mais, insoportables e Lelo, que xa non era un home de carácter aberto, volveuse taciturno, de mal humor e, a súa mirada sempre baixa, deixaba adiviñar, a quen o trataba, unha grande tristeza.

O día de Nadal, Roberto distribuíu un aguinaldo a cada traballador de 10 pesos e unha cea foi organizada polo colectivo de xalleiros de Abreus na taberna de Xacobo de Xabestre.

Lelo que xa non ficaba a gardar o campamento (evitaba como o lume de atoparse so e ter que enfrontarse a cólera de Cándida que el adiviñaba polos coitelos que ela lle batía a cada vez que os seus ollares se cruzaban) atopouse con Ramón do Xastre que cortaba cana na zona de Ranchuelo.

Ramón faloulle que en Ranchuelo había varios de Vilamaior, de Castriz, da Illa, de Montouto e de Freixeiro. Tamén lle falou de que gañaban case seis pesos por día e, anque a comida non era moi boa, aforraban moitos cartos.

Cando chegou a Simpatía, Lelo pediulle a conta para fin de ano a Roberto sen consultalo con os seus compañeiros, nen sequera con Che María.

Cando se soubo que Lelo ía marchar, Che María preguntoulle:
– ¿Que raios che picou? Disque vas marchar para a cana coma se foras un ladrón.
– Cando andamos polo mundo temos que ir aló onde se gane mais, dixo el de xeito evasivo.
– ¡Moi ben, pero podíamos falar coma irmáns ¿non é? ¿pasou algo? ¿xa non te atopas a gusto connosco? ¡dime! Remachou Che María.
– Non quero falar mais do asunto, non ten nada que ver con vos, quero marchar e xa está. Para Agosto vou marchar para España e teño que aforrar. Rematou Lelo.

Che María, vendo que Lelo daba as costas e íase deitar na cama non insistiu, saíu para fora, envolveu un cigarro mentres mirou para a Lúa, que alumeaba a devesa fumegar, e deixou caer unha lágrima de morriña traendo no maxín Xusta ao seu carón, até viu o seu fillo pasar coma un lóstrego uns instantes.

As canaveiras

cana-azucarQuince homes, cada un con catro regos de cana, cada machadazo súa cana que ía para o chan, todos levaban un rítmico compás e avanzaban coma un so home. Aló atrás viña Ramón do Xastre con un ritmo mais pousado e sereno:
– ¡Ai, Válame nosa señora! ¡Alobado sea noso señor!

Ao chegar ao arró, perdido aló no fondo da enorme agra canaveira, os quince mancebos, deixaban caer os seus pesados corpos enriba da cana deitada, extenuados mentres as mulleres negras lle daban de beber en uns foles de pelexo.

Ramón non se deitaba, so endereitaba un pouco o lombo mentres podaba unhas poliscas na silveira e, cando os outros recobraban unha chisca de forzas para volver con outra ringleira xa Ramón tiña cortados vinte ou trinta pasos.

Cando estaban ao seu carón, Ramón dixo para Lelo:
– ¿Logo é certo que te embarcas para casar a semana que ven?
– ¡Pois é! Dixo Lelo.

O retorno.

Che María pediulle a Armando que lle escribira unha carta para Xusta:
– Miña vida.
Xa me dixeron que te casaras e iso encheume de tristeza.
Despois da rabia que me produciu de saberte nos brazos de outro, e de moito darlle voltas na mioleira, cheguei a conclusión que non me fica mais que roer a miña dor e non buscar mais culpables que eu mesmo.
Non sabes, miña queridiña, canto me pesa hoxe de terte abandonado e de marchar da túa beira, ten por seguro que nunca te esquecerei.
Xa sei que non teño dereito a nada de ti, agora pertences a outro e non so ti senón tamén o noso fillo. Non teñas ansia que eu nunca virei perturbar a túa paz. Anque ese neno é a cadea que nos xungue de por vida será tamén de por vida o noso segredo.
O que si teño dereito é a deitarme cada noite contigo no pensamento e de erguerme tamén cada mañán contemplando ese rostro que eu perdín para sempre, non haberá retratista que che tire mellor retrato que o que eu levo para sempre no meu corazón.

Mándoche esta carta por meu irmán, facéndolle prometer que non a vai abrir.
Non che vou pedir resposta pero se, de algún xeito tes ocasión, sería para min de grande ledicia, se me fixeras chegar un retratiño de ti amais do noso fillo.
Cando volva de novo a nosa aldea, espero sexa pronto, teremos que atoparnos en algún sitio, imos ter que apertar os nosos peitos para non tolearmos. Ti negarás mil veces que me quixeches e eu tamén pero quero que saibas que, ao pasar a túa beira, heiche de abrazar no meu maxín e ti vas facer o mesmo porque, a pesares da vida que arredou os nosos camiños, a grandeza do noso amor atounos para sempre con un lazo invisible.
Por favor, miña rula, móstralle ao froito do noso amor todos os curruchos que frecuentamos onde nos amamos con tanta tenrura, faino beber auga da Fonte Escachada en aquela concha pola que ti me dabas de beber a min. Ensínalle o nome das estrelas que eu mais ti bautizamos para nos. Faille escoitar os cantos das rans do Rego da Lagoa….
… E, por enriba de todo, non me esquezas nunca…
Perdóame por todo o mal que che fixen, eu xa che perdoei o que sufro por ti… quero que sexas feliz por nos os dous.
Como din por aquí:
cuantas cosas quedaron prendidas
muy adentro del fondo de mi alma
cuantas luces dejaste encendidas
yo no se como voy a apagarlas
ojala que te vaya bonito

Che María podía apenas conter a súa emoción por volver a aquel porto que o veu chegar a Cuba, ollou para aquel monstruoso barco e abrazándose como unha lapa a Lelo rompeu a chorar.

Os dous se decataron que os choros non eran so porque un irmán se ía, era a morriña da Terra.

Todo se remexía no interior de Che María, Xusta, o currucho debaixo do horreo, onde ía chorar cando unha pena aflixía o seu corazón de rapaz, as amoras das silveiras, a corredoira do Agro Vello, os niños de carrizo que atopou no Monte Castelo cando ía coas vacas, as tiraduras de orellas que seu pai lle dou, os consolos que súa nai lle dou cando tiña as papeiras… Canto daría por volver atrás e labrar outro camiño…

Pero o barco empezou a bruar e os altofalantes chuzaban coma aradores para que os señores pasaxeiros foran embarcando…

Che María tirou un sobre pechado do peto e estendeullo a Lelo facéndolle xurar que non o abriría e que llo entregaría persoalmente a Xusta coa discreción necesaria para que o segredo fora eterno.

Lelo, vendo a mirada case ameazadora de Che María asentiu coa cabeza, sobraban palabras.

Cando xa Lelo estaba no derradeiro tramo da grande escada, Che María berroulle:
– Dálle moitos bicos a mamá.

Lelo non entendeu o que dixo pero fixo sinais de adeus coa man e maxinou para si:
– Dirame que lle dea bicos a mamá.

O que se deixa atrás.

CandidaChorandoMentres isto acontecía, Cándida, nos Carboeiras acariñaba a súa barriga de 8 meses e medio, e, tal o atormentado espírito de Mercedes Matamoros cantaba
Por tí olvidé -cual flores sin esencia-
ilusiones de bien que fueron mías;
y troqué por culpables alegrías
lo más bello del alma, !la inocencia!

Lleváronse la paz de mi existencia
tus locas noches y revueltos días;
en el fuego mortal de tus orgías
quemó sus níveas alas mi conciencia!

Hollé por tu favor lo más sagrado;
apagué con tu risa el sentimiento;
escondí en tu cinismo mis sonrojas;

y en cambio, ingrato amor, ¿qué me has dejado?
¡Sombrío, cual la noche, el pensamiento,
inerte el corazón, secos los ojos!

De volta a Simpatía, rumores corrían pola Illa de Cuba, coma lume pola pólvora, de que se estaba preparando un golpe de estado

Un cheiro a revolución se espallaba e a historia, que non tiña principio nin fin, ía mesturar os destinos para que nos poidamos dicir: ¡O mundo é pequeno!

Laisser un commentaire

Votre adresse de messagerie ne sera pas publiée. Les champs obligatoires sont indiqués avec *

Ce site utilise Akismet pour réduire les indésirables. En savoir plus sur comment les données de vos commentaires sont utilisées.