O dia 7 de xaneiro de 2015, tivo lugar un acto dos mais repugnantes e covardes que se poden cometer polo simple e fácil que resulta tirar cara xentes desarmadas sin ningunha posibilidade de defensa.
12 mortos e varios feridos graves abatidos a sangue fría nos locais do semanario satírico humorístico francés Charlie Hebdo.
Non foi un acto relixioso nin ideolóxico, foi un resumen macabro de tanto odio sementado contra a laicidade e a liberdade.
Ao longo da miña vida vin cometer actos odiosos de todo tipo.
Tamén escoitei relatos de barbaridades cometidas no pasado no nome da Patria, de Deus, da liberdade, da xustiza, da vida, do amor, da dignidade, da familia, do honor, da…. merda, todo merda.
Cando os desalmados que apertaron o gatillo dixeron que Alá é grande non foi mais que unha frase publicitaria do xénero «Beba Coca-Cola» o que realmente ten sentido é cando din: «matamos Charlie Hebdo»
Ninguén pode ver o que pasará no futuro nin as reaccións e consecuencias que pode ter esta traxedia. Sin ir mais lonxe, unha cuestión, non doada de resolver, é o que facer con os autores da masacre.
Poden nunca ser collidos e continuar a masacrar todo o que se lle poña por diante, anque o dubido porque, no fondo estes miserables, son seres desesperados que buscan a gloria que lles será negada se non morren en un acto de covardía que eles chaman combate.
Pode pasar que os maten ou se suiciden antes ou despois de que os collan. en ese caso, os seus acólitos van ficar todos honrados e envexosos porque eles van ir fornicar nas 72 virxes que lles esperan no paraíso.
Tamén pode que os metan presos e lle fagan un proceso que lles vai servir como tribuna de exaltación de que son os brazos da magnánima absurdeza de Alá. Que no mundo enteiro se cometan outros atentados e secuestros para facelos liberar como se de heroes se tratase.
De todos xeitos, no pensamento de todos os radicais de todas as tendencias, estes mequetrefes xa ganaron.
Na miña maneira de ver, o que se tería que facer, e que podemos facer nós ao noso nivel, é traballar sin descanso para deshonrar de todas as formas posibles estes «animais irracionais» afirmando por todo lugar, por todos os medios, en todas circunstancias, con toda a valentía… que estes individuos son menos que a merda,
uns verdadeiros porcos e uns burros sarnosos, e facer correr o rumor que, ao chegaren ao inferno, que é onde o seu propio deus os debería de mandar sen paliativos, en vez de rapazas virxes, o que os espera é un burro con un vergallo de 4 cuartas.
Co corazón magoado pola tristeza, a impotencia e a rabia, non se me ocorre algo mais «politicamente correcto» so podo repetir a famosa frase atribuída a Sébastien Castellion, defensor da tolerancia relixiosa, dirixida a Calvino cando axustizou a Michel Servet:
«Matar un home, non é defender unha doutrina, é simplemente matar un home»
Nota aparte e entre nos: en verdade, estou todo cagado porque eu tamén son un bufón e un provocador do Carallo, que hai parrulos que non me entenden e que me odien tráema totalmente pendúrante e oscilante pero que calquera imbécil, aparvado da pia bautismal, me poida disparar con unha escopeta non che me fai nin puta gracia.
Inch Allah