¡Porca miseria!

Cando te ergues sen ningún achaque serio, en todo caso ningún achaque mais insoportable que os que che toca vivir ao cotián, saes da casa vendo todo positivo ou, en todo caso, relativamente positivo.

Alédome de vivir en unha cidade tan cosmopolita, tan tolerante e tan tranquila coma Xenebra onde moitas xentes de diversas procedencias e condicións poden compartir carreiros e atallos e cumprir cada cal o seu destino a carón uns dos outros.

Hoxe, despois de deixar o vehículo no parking, púxenme a andar porque o meu médico recomendoume de andar polo menos unha hora por día debido a miña profesión de tipo «sedentario» que é una maneira light de describir que paso dez horas por día co cu apoltronado na oficina.

teaserbreitgrossAo camiñar recibindo na cara a doce brisa matinal, atópome con uns traballadores que levaban xa dúas horas escalando coma galiñas, co cu cara o ceo, na procura dos tubos do gas e pensei na sorte que teñen que o médico  non lles manda ir a camiñar para queimar colesterol.

Chegando a Ponte das Acacias párome observando como uns policías sacan de debaixo da ponte todo tipo de enseres, xergóns, potas, routa, etc., pertencentes a familia romanesa da rapaza que está coa man estricada todas as mañás diante da Unión de Bancos Suízos. Enseres que uns empregados da recollida do lixo de Cabaleiros se esmeran a meter no camión do concello con destino a descarga.

RoumaineMendianteAo pasar pola sua beira, Alonso da Herdadiña, saudoume coa típica frase:
– ¿Dáste conta, esta borralla? Hoxe botámoslle todo para a descarga e mañá xa están outra vez debaixo da ponte.

De toda evidencia, Alonso da Herdadiña, esqueceu totalmente cando el era «Borralla» nas barracas do Pont Rouge, que tiña o cu apertado co medo porque era temporario e a sua muller e fillo non tiñan papeis. En certo modo é razoable esquecer ¿quen se lembra da dor de moas, unha vez que a moa picada foi arrincada?

Alonso, empregouse, a base de lamberlle o cu «à qui de droit» no concello con un salario decente que dobrada o do emprego anterior, dentro de seis meses vai volver a Cabaleiros con unha renda mensual de entre catro e cinco mil € . Pasará de ser un votante acérrimo do PP a revolucionario «emigrante e non defraudador» e santas pascuas.

En fin, todo eso sen decatarse que é gracias a «borralla» que vive debaixo das pontes que el, miserable e detestable individuo, gaña a sua vida e unha pensión pagada cos impostos dos traballadores que gañan a metade.

1361622-irene-urdangarin-la-reine-sofia-950x0-2Logo de chamarlle fillos de puta a todos polo baixiño, que a valentía ten un límite, continuei o meu camiño para non chegar tarde ao choio.

A escasos metros da miña oficina, observei como saían uns matóns da residencia da Infanta Cristina de Borbón para acompañar unha nena a escola onde vai a elite que paga miles de francos por mes pola escola dos nenos a conta dos seus pobos asoballados e empobrecidos.

17-15-22-confidence-fille-sexe-amour-pleure-larme-yeux-senejet.netEsta mañá primaveral e doce, véuseme estragar ao entrar na oficina, estábame esperando unha moza brasileira, chorando coma unha Magdalena, porque o patrón da casa onde está de criada, andou atrás de ela en coiro pola casa adiante coa «suposta» intención de fodela a forza.

Muller limpezaA pesar dos trinta anos de experiencia como secretario sindical tratando casos como estes a miúdo, nunca chegarei a saber como explicarlle a estas vítimas de esta sociedade desapiadada que é preciso ter probas evidentes de un caso de abuso, que se imos ao tribunal, o avogado do patrón, que fai parte de unha mafia calquera (rusa, financeira, política, etc.) que ten unha porrada de diñeiro e que a vai demostrar, por A+B, a «Monsieur le président» do tribunal que, en realidade, a doméstica é unha puta e, se se terza, unha ladroa.

Se fose un machista insensible diríalle a puta verdade á moza sen rodeos:
– ¡Date por fodida!

Pero como son un profesional aguerrido, trato de darlle voltas a cousa, votando man de unha certa dialéctica e diplomacia, tratando de facer o imposible, sabendo de antemán que a impotencia e a rabia vai trunfar.

12718729-un-jeune-homme-est-assis-sur-une-toilette-bu-on-peut-supposer-qu-il-est-dans-un-clubLogo despois, antes de ir comer, péchome no WC, collo a cabeza entre as mans e choro un pouco para ir «purificado» comer co meu colega Armindo e cóntolle un conto onde o persoeiro galego é mais listo que o portugués e el fai o mesmo a inversa.

Entre todo este rebumbio, aínda tiven tempo de me decatar que son mais ignorante que a media nacional española: non sei que equipa vai de primeiro na liga de «furbol», nin canto pagou o Real pola última fichaxe… A propósito ¿Cando é que o Celtiña amais o Depor soben a primeira?

¡Ala, a cavar! Que diría un lliadista galego.

Une réflexion sur « ¡Porca miseria! »

Laisser un commentaire

Votre adresse de messagerie ne sera pas publiée. Les champs obligatoires sont indiqués avec *

Ce site utilise Akismet pour réduire les indésirables. En savoir plus sur comment les données de vos commentaires sont utilisées.