A illa do amor

fotos-bonitas-1395-0No mes de marzo,as cinco da mañá despertei co frío, non era capaz de durmir, erguinme para buscar no armario de Ordoño unha manta. Ollei pola fiestra e aquel endiañado orballo caia mesquiñamente, facendo escorregar un carreiriño de auga cristaiña pola xunta da persiana.

venO meu cuarto daba a un patio interior na rua Padre Rosendo Salvado, nas cuais lousas as gotas rebotaban testemuñando da forza conque a auga caía, evidenciando que non era tal orballo, mais ben « calabobos », como lle chamaban os que non eran pailarocos.

Tiña un exame o luns as dez que non preparara pero a preguiza tíñame invadido e decidín volver ao catre facendo o menos barullo posible para non estorbar o doce son das pingueiras e regueiros que me lembraban as noites de choiva no Carballal.

Cando o caloriño da manta suplementaria se foi apoderando do meu sentido e comenzaba a ver as mimosas da Rodada, o timbre da porta lembroume que a realidade estaba ao pe de min.

Esperei un pouco para ver se Ordoño se erguía pero, visto que ninguén resollaba, concluín que aquela noite todo mundo marchara a “aldea” buscar grelos e chourizos.

A vida aparentemente fácil.

Fun abrir e era Matilda ou Katia (alcume de traballo), a veciña do piso de arriba que exercía a profesión mais vella do mundo, ela traballaba na casa, facíase denominar “Accompanying hostess” ou algo polo estilo.

Quería que lle fora mercar unha garrafa de wisqui e dúas botellas de “Drappier Carte d’or” ao colmado do canto do calexón de Tabares. Ninguén me facía desprazarme as seis da mañá pero Katia, cada vez que lle ía ao colmado, regalábame a volta das mil pesetas e os tempos non estaban para andar con remilgallos. Ademais como abría as botellas do paquete para cada cliente e ela non bebía, as botellas abertas dábanolas a nos cando o cliente marchaba.

Enfiei os pantalóns húmidos e fríos, collín o paraugas que lle faltaban polo menos dúas ballenas e fun polas compras de Katia con paso lixeiro.

Cando volvín, Katia fíxome entrar no seu apartamento e, vendo que tremaba coma unha corra co frío, ofreceume un café quente e mandoume sentar en un dos preciosos sofás que tiña no recibidor.

Mentres me facía o café, berrábame dende a cociña:
– ¿E logo ti vas botar o día na piltra?

– Muller o día non se presta para outra cousa (dixen eu)

– Home, sempre che ai algo axeitado para o clima: ir ao cine, por exemplo.

– Non botan nada axeitado, ir gastar os cartos para ver unha de vaqueiros, unha españolada ou unha de amor…

– ¿E logo non che gustan os filmes de amor?

– Non é gran cousa, non… e ademais non teño moitos cartos para gastar en chorradas.

– ¿Chorradas? ¿ti chámaslle chorrada ao amor?. ¡Que mal axeitadiño deus che dou, diaño de rapaz! ¡non me digas que non che gustan as historias de amor aos teus anos! Se tes uns minutos vouche contar, non unha historia de amor, a historia do Amor mesmo.

A illa nunca está deserta.

Serviuse un pouco xeo en un grande vaso de fino cristal e un fondo de un líquido verde veu caer en cascada polos cubos abaixo, arredou a bata de seda na que estaba envolta, deixando escorrer os longos dedos a carón dos xoenllos en dirección das coxas, sentouse no sofá de enfronte do que eu estaba, acomodouse e botou a longa perna esquerda por enriba da dereita facendo do meu espazo un observatorio de privilexio cara unha paisaxe desbordante de frescura, facéndome adiviñar unha vulva polposa e húmida que espertaba en min esa ansia que che fai correr uns fiaños de suor cando es novo e cheo de forza.

Sen esperar a miña resposta a súa proposta, empezoume a contar:
O Amor vivía tranquilo en unha illa a centos de miles de millas do continente.

AmorDeMorteA casa do Amor era unha casa humilde no medio da aldea, a carón da Mocidade, a Pobreza vivía nas aforas, preto da Avaricia que a tiña escravizada.

Na rúa principal moraba a Riqueza, en un suntuoso pazo, cheo de diamantes e ouro.

mirar-ventanaA tristeza era unha vagabunda, andaba por todos lados, tanto aparecía unha hora en calquera parte como desaparecía tres ou catro días, levábase moi mal coa Alegría que estaba sempre de festa e non o podía cheirar.

lujuria2A Luxuria pasaba o seu tempo a tecer ricas sedas vermellas para tentar ao Amor, e so lograba entenderse co Vicio e coa Perdición.

A Ansiedade, queríalle falar ao Amor, pero sempre ficaba no medio do camiño co Medo a ser rexeitada.

En fin,que os días pasaban tranquilamente na illa dos sentimentos humanos.

Pero un día, un forte temporal ergueuse e a Previsión anuncio que a illa ía ser afundida, todos tiñan que mudarse ao continente se non querían perecer.

isladesapareceO Pánico, empezou a xuntar todo mundo na praia e o comercio de barcos, lanchas e todo o que flotaba non paraba de traballar. Tan so o Amor non cedeu ao Pánico e deixouse ir tranquilo até ficar coa Soedade no medio da Illa.

Mais cando viu aquela ola xigante avanzar cara o acantilado preguntoulle a Inquedanza se o podía levar na sua chalana, pero a Inquedanza xa levaba con ela a Presa e o Medo dicíalle que ía afundir co Desespero.

O Amor correu cara o porto para ver se a Riqueza o podía salvar pero a Riqueza xa levaba Medo e pensou que o Amor podíase aliar coa Avaricia e quitarlle o seu ouro.

Despois suplicoulle a Tristeza, que pasaba por alí, se lle daba pasaxe, e esta, que sempre se xuntaba coa Vinganza, díxolle que fora onde a Alegría que sempre se entendeu moi ben con ela. Pero a Alegría xa estaba aló no medio do mar facendo unha festa no seu barco co Ruído e non ouviu os lamentos do Amor.

Cando o Amor pensaba que estaba perdido, escoita no outro lado do porto unha voz que o chamaba e era un velliño todo esfarrapado, de pe, no medio de unha lancha de remos.

caronteO amor non o pensou dúas veces e correu cara a lancha, de un brinco sentouse coa Esperanza que o vello remara lixeiro para pillar a Salvación que se estaba escapando.

Chegando ao continente, o Amor botouse a terra e sentouse a tomar Folgos.

Cando volveu a Vista atrás para agradecerlle ao vello que a trouxera, o vello xa se tiña virado cara o ancho mar para afrontar o Destino.

O Amor quixera agradecerlle a aquel vello e a súa esposa, a Xenerosidade, o feito que o salvaron de unha morte segura pero nin sequera lle tiña preguntado quen era. Foi na procura do saber e preguntoulle:
– Saber ¿quen era ese velliño que me protexeu?

E respondeulle o saber:
– Era o Tempo, so o Tempo é capaz de salvar o amor.”

A toma de conciencia.

197a36c6-5021-40cb-bc24-503e165ae3b9HiResAquel día chamei a Carol, convideina a ir ver “Gone with the wind” ao cine Fisterra, cos derradeiros vinte pesos que me sobraron da propina de Katia, merqueille unha rosa a Carol, fun pasear polo Orzán e corrín polo praia baixo a choiva. Carol procuroume se estaba zumbado e respondinlle que si.

Logo, como non tiña mais cartos para acompañar a Carol a discoteca, volvín para o piso e preparei o exame do luns, saquei un dez en lingua española… adiviñade a redacción que fixen..

Laisser un commentaire

Votre adresse de messagerie ne sera pas publiée. Les champs obligatoires sont indiqués avec *

Ce site utilise Akismet pour réduire les indésirables. En savoir plus sur comment les données de vos commentaires sont utilisées.