Archives par mot-clé : filosofia

Aik-irindo #06: Intelixencia artificial vs tonteria natural

Diario de bordo da nave aik-irindo, programa 6, ano 2018

Embarcamos nun novo programa no que a tripulación proponse falar de intelixencia artificial.
O capitán Chucho proponse de desbardallar sobre ese tema complexo coa complicidade do xefe técnico, Don Alfonso.

Capitán, as maquinas están preparadas para ir indo …

tivemos algun problema co noso sitio web. Por tanto, se o lector de audio non aparece, que debería, poñemos aqui abaixo unha serie de enlaces para que poidades escoitar o programa.

Graciñas e ata logo.

o episodio en podcloud:
http://aikirindo.lepodcast.fr/numero-06-intelixencia-artificial-vs-tonteria-natural
o resto dos episodios en podcloud:
http://aikirindo.lepodcast.fr
itunes:
https://itunes.apple.com/us/podcast/aik-irindo/id1341488675?mt=2
rss:
http://aikirindo.lepodcast.fr/rss
para seguirnos nas redes:
http://www.chucho.org
https://www.facebook.com/audiokiosk
https://www.instagram.com/audiokiosk

Aik-irindo ep. 2 – O poder poderoso

Chegou a segunda entrega do podcast de filosofía aproximativa, Aik-irindo.

O Aik-irindo e o despertar galego, o primeiro exercicio, cando un se levanta, estira os brazos et di « hai qu’ir indo ». O que queremos con esto e mirar o que pasou para entender o que esta pasando porque hai que ir indo cara o futuro.

Nesta entrega do programa, de aperitivo, intentaremos un análise rápido da filosofía rajoniana, que é o arte de facer o imposible para que o posible non se entenda.

Ainda que non o pareza esto ten que ver co tema principal, unha discusion sobre o poder: como é, onde esta e como se expresa.

convidamos-vos a escoitar, pensar e se vos peta, deixarnos algun que outro comentario, aquí abaixo ou en iTunes. Se ves que ten algun interés, comparte ….

As referencias musicais de hoxe son:
– Relaxin Cup, por Samu Acaracan
– Dame ighual, por Dios Ke Te Crew

O podcast pódese escoitar aquí en chucho.org ou suscribindo-se en  iTunes ou calqueira outro sistema de podcast.