Sarito… ¡O retorno!

MINOLTA DIGITAL CAMERAFriaxe no corazón

A temperatura rescaldase pouco a pouco camiño da primavera. Pero non me descubro e contínuo a vir cara o meu traballo envolto coma un bebé chino.

Hoxe atopeime con Sarito do Catuxo en Plainpalais.

Os tenderetes do « marché » comenzan a preparar os seus mostradores para expoñer os froitos e legumes a venda e a xeada do medio da explanada comenza a fumegar cos «ataques cirúrxicos » que o sol comenza a lanzar encaramado detrás do monte Salève.

Cando non camiñas coma un autómata e observas ao teu redor, atópaste con xente que até pasaría sen falarche, sumidos como están elaborando estratexias para saír da situación que malviven. Así foi que Sarito se viu no compromiso de ter que arredar os ollos das apetitosas uvas que un tendeiro axeitaba para facer acenos de sorpresiva amizade:
– ¡Home Chucho! ¡Que sorpresa! ¿que tal meu home? ¿estás enfermo? Fai tempo que non te vexo, pero quéreme parecer que estabas ben mais gordo.

– ¡Non oh! Estou ben, gracias a diós.

– ¿E que contas logo oh?

– Pois xa ves, “Metro, boulot, dodo” é o noso destino. ¿E ti, que raios fas por aquí? ¿Non marcharas definitivo fai mais de dez anos?

Como facía fresquío, vin que o alento que saía de Sarito fumegaba, convideino no a tomar algo no italiano do canto.

Retorno cara o futuro

Sarito empezou a contarme a súa odisea da vida dende que marchou “definitivo”.

Con uns aforriños que tiña e co capitaliño que recuperou do fondo de pensión, marchou para Coirós onde tiña unha casiña que fixera en unha herdanza que lle mercou aos herdeiros de unha tía.

Cando chegou todo corría ben, a xente acolleuno ben, o rapaz mais novo adaptouse ben na escola, anque ou primeiro tivo dificultades porque so falaba español ou francés, Sarito sempre foi moi coidadoso conque aos nenos se lle tiña que falar español porque lle daba mais oportunidades de defenderse no mundo, so que Coirós non está ben no centro do mundo, mais ben nos arrabaldes do mundo. Pero os rapaces hoxe son mais abertos e globalizados que éramos a xeración de “man de obra accesible” dos nosos tempos.

Enchufado-blogO mozo mais vello, entrou a traballar en un concello do entorno, meteullo un concellal ao cal Sarito lle ceibou uns papeliños por debaixo da mesa e pouco despois casou con unha rapaza checa que veu facer prácticas a un banco por iso da cooperación europea.

Co transcorrer do tempo, os problemas foron abrindo camiño no rio de aceite que esperaba Sarito despois de tanto sacrificio, tanto traballo e tanta privación en vinte anos de emigración.

chapuzas868061307349058Os aforros fóronse diluíndo e so atopaba traballos ocasionais que ía facendo por aquí e por acolá, chegou un momento que o contrataban de menos en menos, os achaques no lombo dos esforzos que fixo cando era mais novo, para caerlle ben ao capataz na construción, empezaban a pasarlle factura.

O destino programático

O que veu estragar todo foi o feito que a muller tivo mais sorte, empregouna o fillo como bedel en unha escola de música e, dada a experiencia que adquirira na limpeza en Suíza, de contado a nomearon supervisora da equipa de limpeza. O salario era mais que correcto para o país e tiña que ir ben amañadiña, maquillada etc. Empezou a ir todas as tardes con amigas para a cafetería a rexoubar e disertar das cousas da vida, foi formando parte de un grupiño e a Sarito non lle cabía o demo no corpo, a sua muller, elegante, ben integrada, recibía SMS de homes, ríase léndoos e tiña unha vida aparentemente interesante e amena…

Sarito, afogaba de mais en mais as súas penas con un vaso “país” na taberna e so tiña como tema de conversa as derradeiras declaración de Mourinho. Por suposto, nunca recibía SMS de ningunha muller, si, de súa irmá para dicirlle o paifoque que era e que todo mundo estaba ao corrente que Avelina (así se chamaba a muller) tiña un amante.

Sarito aguantou o que puido pero a súa existencia volveuse un inferno, o mundo enteiro aliouse contra del, na TV falaban sempre de crises, de guerras, de paro, de terrorismo… mesmo os enchufados na administración, que para Sarito nunca moveran palla, non paraban de dicir que as cousas estaban mal.

chica_smsEn ese ambiente moroso, sen perspectivas, coa muller que falaba con el de menos en menos, pasaba o tempo en feisbú, e cando el tentaba unha aproximación ela ollábao con orgullo, con desprezo, o noso home introvertíase de mais en mais e buscaba refuxio no puticlub de Marita.

labafComo en todas as costas a baixo, os frenos non resistiron e o que nunca debera de acontecer aconteceu, Sarito, en un arrebato de ciumes, de confusión, de sentimento de soedade e de inxustiza, todo regado de abundante alcohol, ergueu a man para Avelina e a Avelina de hoxe non é a Avelina de hai 30 anos, é unha muller emancipada e moderna.

corazon-partidoUnha carta do avogado de Avelina, rematou de fundir Sarito en unha terrible depresión e, na súa mioleira, Dante podería inspirarse. Unha orde de arredamento apartábao da casiña que el consideraba froito da súa suor, os traidores dos fillos, polos cales el pensaba ter sacrificado a súa existencia, tomaron o partido da nai… Chegou a pensar que as vítimas das catástrofes naturais que azoutaron a Terra estes anos eran afortunadas comparadas a el.

Despois de estes episodios nos que este home dou un paseo polo inferno, pero non o inferno do mais alá, non, o inferno que che queima as entrañas, o inferno de todas as contradicións, Sarito, axudado por unha rapaza suramericana que atopara no garito de Marita que se sentía solidaria e comprendía moi ben as duras consecuencias da exclusión e da caída cara o averno, foi colléndolle gosto a vida e recuperando un chisco da confianza en si mesmo, se non fose polos achaques no lombo e as fallas de perspectiva no traballo até puidera que unha nova vida chea de esperanza fose posible en Coirós.

Vida social, vida sentimental

Reyna (a amiga suramericana) ten unha irmá sen papeis en Xenebra e, dado que Sarito coñece ben o país, decidiron de vir probar sorte.

Viñeron no mes de novembro do 2011 e vivían no pequeno estudio que ista ten, pero a promiscuidade logo dou cabo da convivencia e tiveron que saír.

caravane-relookeeAgora Sarito vive en unha caravana no bosque de Belvue con uns rapaces de orixe suramericano que, tendo obtido a nacionalidade española, tamén decidiron de vir tentar o destino na brillante Xenebra.

prostitucion_puticlub.img_assist_custom-399x277Como queira que perderon os derradeiros recursos que tiñan, Reyna sacrifícase unha vez mais, como o leva facendo desde tempos que nin recorda e traballa no club de Fina de Cabaleiros e así van tirando.

Tiven que despedirme de Sarito porque chegaba tarde ao traballo e despedinme.
– Teño que deixarte, Sarito, velaquí a miña tarxeta, se en algo podo valerche chámame.

– ¡Graciñas meu! Se sabes de algo non me esquezas, xa sabes que eu non ando con reparos, calquera cousa me val para saír do paso.

A visión de aqueles ollos mollados de aquel home suplicándome, coa gorxa agarrotada, fraquiño, vestido moi lixeiramente para a temperatura, érame insoportable.

Impotencia, revolta e… tira para diante.
Argumentando presa, votei a andar lixeiro, sentín o meu corpo desfalecer, non puiden evitar as bagoas saír a gurgullóns e cheguei ao traballo coma se xa tivera fieito unha xornada de dez horas.

¿Onde vai aquela mocidade onde deixamos a nosa Terra querida para procurar sustento fora, aguerridos e cheos de esperanza? ¿Non chegou o desterro para abaixar a nosa condición de humanos? ¿Temos que recuncar?

Ben é certo que eu non teño remedio, ao chegar, tento de consolarme en Feisbú e atópome con comentarios que se queixan porque ao Pobre do señor Fraga Iribarne (que en paz estea) uns galeguistas lle rebentan as súas homenaxes, pobre señor Fraga…

É como para coller unha depresión e beber de un golpe a botella de “tostada” que me regalou un amigo…

Pois mira ti que idea, ala, unha copiña para “remonter la morale”.

Laisser un commentaire

Votre adresse de messagerie ne sera pas publiée. Les champs obligatoires sont indiqués avec *

Ce site utilise Akismet pour réduire les indésirables. En savoir plus sur comment les données de vos commentaires sont utilisées.