Lipo, o celta

 

Vida no Castro de Turnes


Lipo naceu no Castro de Turnes, encravado no territorio dos célticos, entre as terras dos Brigantinos (actual Bergantiños) e as dos supertamarcos que dominaban o Val do Tambre. 

Couso, pai de Lipo, era un déspota que reinaba en mestre absoluto no castro. So respectaba a opinión do seu único conselleiro, o druída Araño, mais ben por medo a influencia que o crego tiña na poboación que por vontade de compartir o poder. 

A organización política do castro de Turnes difería muito da dos castros próximo, por exemplo, no castro Pombo, onde Rouco (curmán de Couso) estaba obrigado a compartir poder con un parlamento de barbas brancas, so podía tomar decisións sen consulta-los en materia de defensa militar urxente, anque, restablecida a paz, tiña que lles render contas. 

Lúa, a nai de Lipo, era unha muller enxebre que non tiña o dereito de morada no castro e vivía nunha cabana de terróns cuberta de xuncos preto da Braña Morta, a súa familia ocupaba aquelas terras moito antes que os celtas viñeran establecerse no castro. 

Os enxebres, o contrario do practicado nos outros territorios célticos, eran considerados por Couso coma seres de unha raza inferior. 

A madrasta de Lipo, chamada Loto, era irmá de Ildo, xefe-druida dos praestamarcos, que foi negociada coma garantía de paz, nunha incursión bélica na que couso arrastrou os célticos nas serras do Barbanza, nesta incursión aproveitou para aniquilar a seu irmán maior e facerse xefe incontestable do castro. 

Lipo tiña un medio irmán, Arton, vaidoso e presumido, e unha media irmá, chamada Blora, caprichosa e mentireira. 

En aqueles tempos, o procurador da Tabularia, Marco Tito, recadador romano, escravo imperial liberado afectado a recadación fiscal no alto Xallas, tiña coma práctica de pasar polos castros da súa zona durante a festa do maio adicada a Cernunos, deus celta da fertilidade, doado duns prominentes cornos, e a Belenus, deus do Sol e do lume, onde se sacrificaban xabaríns, cervos e outros animais, se os habitantes non tiñan ouro ou prata, pagaban en homes para construír a gran estrada que vai de Brigantium (actual Coruña) ate Brácara (actual Braga) co obxecto de facilitar o traslado de riquezas sacadas das minas situadas nas proximidades. 

Lipo gozaba da confianza e admiración de seu pai polo seu carácter tranquilo, a súa franqueza, a seriedade e a valentía do rapaz, por iso circulaba libremente polo castro, durmindo indistintamente nas cortes do recinto ou na cabana de súa nai, durante as festas, Lipo, por non ser de pura raza celta, estaba dispensado de participar na cerimonia relixiosa e adicábase a subtraer unhas mincallas de prata na cova forte, aproveitando a falla de vixilancia, para levarlla a súa nai. 


O estraperlo

Blora que sabía, desde facía tempo, desta debilidade de Lipo denunciouno a seu pai acusándoo de ser o que introducía a prata no mercado negro, co fin de arredar as sospeitas sobre do seu irmán que facía sociedade co druída e roubaban grandes cantidades na tesourería social do castro. 

En efecto, os célticos agachaban a prata e o ouro que sacaban das minas clandestinas nunha cova  disimulada no  castro. Axudados polas xentes enxebres que vivían diseminados polas devesas, dispoñían de unha rede ben organizada de traficantes estraperlistas de metais preciosos facéndoos chegar os administradores romanos corruptos pero, a carón de este mercado oficialista para os célticos, existía outro mercado que era practicado con riquezas disimuladas a propia administración clandestina céltica. 

Couso intentou organizar un concello de veciños para xulgar o malpocado, segundo o esixían as costumes celtas, pero, coma non o fixera nunca antes, o druída convenceuno de que iso significaría sentar un precedente perigroso e, posto que era seu fillo, que lle concedese a el o dereito  de ditar sentencia, historia de ficar ben co pobo. 

Liberdade perdida.

Evidentemente, o druída non dubidou en entregar Lipo coma escravo a Marco Tito en pago de dous anos de impostos. 

Así foi como Lipo marchou por primeira vez da súa terra cos pes encadeados, para a obra da ponte de Porto Mouro , ponte, sobre do Tambre, na estrada antes referida. Mentres o levaban, foi apedrado polos seus amigos e veciños, coa cabeza baixa, a honra perdida e o corazón magoado, mais ben pensando no incerto futuro que esperaba a súa nai. 

A expedición de escravos chegou a obra da ponte o anoitecer, Lipo foi amarrado por unha argola nunha barra de ferro corrediza, vixiada por dous lexionarios. Servíuselle un caldo so de nabos e, extenuado, deitouse nun feixe de herba a carón do chan. 

En aquela noite, Lipo non tivo mais que pesadelos e, entre os leves despertares por causa das argolas que lle mordían a carne, choraba amargamente a súa sorte, pensando que, coma moitos outros antes ca el, non sairía con vida da escravitude. 

O amañecer foi presentado a un dos capataces que dirixía un grupo de escravos brigantinos. 

O capataz, ollándoo con un aire mesturado de superioridade e de paternalismo, despois de preguntarlle a súa procedencia e o seu nome, díxolle: 

– Moi ben rapaz, pois a partir de agora podes estar orgulloso de pertencer ao emperador romano Claudio, en canto non saibas latín non se che ocorra dirixirte a ningún romano libre, se tes algunha queixa, o mellor é que a dirixas a ti mesmo. O teu nome fica romanizado, chamaraste Alipio. 

Lipo, perante a construción da ponte de Porto Mouro, tivo a sorte de facer amizade co fillo de Marco Tito que era aprendiz arquitecto e axudante do encargado xeral, enviado pela propia Roma. 

O mozo romano chamábase Ovidio Tito e tiña ideas liberais. Pensaba que o pobo romano e celta podían vivir en harmonía en aquelas terras farturentas e mornas. O feito de que seu pai tiña sido escravo enxendrou en el unha sorte de soldariedade que o facía mais humano e sensible. 

Ovidio atouse tanto a Lipo que lle pediu a seu pai que o mercase o imperio e o puxese o seu servizo, cousa que conseguiu. 


Liberdade vixiada

A partir de iso, Lipo, baixo o seu novo nome (Alipio) gozou de unha relativa liberdade e dispoñía de permisos para desprazarse a Turnes para visitar a súa nai. 

En unha de estas visitas, atopouse con seu irmán, Arton, que o chamou polo nome e propúxolle de vir ver seu pai no castro pero Lipo negouse dicíndolle que so volvería ao castro en home libre e en condicións de poder facer xustiza. 

Lipo aproveitaba desta pequena libre circulación para namorar Caína, filla do xefe-druida dos supertamarcos, pobo que dominaba todo o Val do Tambre e do Dubra así coma a vertente esquerda da ria de Noia. Os lindes do seu poderío chegaban até as terras dos praestamarcos (orixe de Loto, madrasta de Lipo). O trazado exacto da fronteira nunca foi determinado e creaba fortes tensións e conflitos no seo das poboacións enxebres da banda fronteiriza. 

Os supertamarcos eran temidos pola súa bravura e até os romanos os respectaban, as relacións eran negociadas e non impostas coma na maioría dos castros célticos e brigantinos. 

Froito de tanto ir e vir o campamento de Caína, esta ficou en estado e seu pai, para evitar o escándalo de ver o seu neto fillo dun escravo de Roma, mandou a rapaza baixo escolta para un castro de Noia onde mandaba un subordinado, cuñado seu. 


O saber, chave da liberdade.

Lipo desconsolado mataba a súa pena e a súa impotencia nos libros que lle ensinara a ler o seu amo Ovidio e así adquiriu uns coñecementos e un saber que lle eran negados os da súa casta, por iso a historia da Galiza so aparece nos escritos despois dos romanos e sempre do xeito que lle interesa os de fora. 

No ano 48, Marco Tito, pai de Ovidio, é nomeado Procurador Asturiae et Gallaeciae, o que siñificaba unha promoción e un cambio de residencia, indo a vivir a Lucus (a dos grandes valados). 

Como a ponte de Porto Mouro chegaba o seu remate, Ovidio pediu tamén o traslado a Lucus para traballar nos reforzos da Muralla e estar preto do seu pai. 

Isto abre unha nova etapa na vida de Lipo que visita as ruínas do Monte Medulio, onde se podían observar aínda as manchas do sangue verquido polos galegos que alí resistiron sitiados perante anos pelos romanos e que se resolveu o cerco por un tráxico e épico suicidio colectivo, envelenados con esencias sacadas da pranta do teixo. 

O seu foxo de 25 Km. foi mandado reencher para que outros resistentes non se foran instalar nel, e sobre de todo, que non fose un sitio de referencia o heroísmo galego que mantivese vivo o espírito da independencia. Ovidio explicaba-lle a Lipo que o Monte Medulio fora o final simbólico da resistencia o imperio na Galiza. 

Lipo visitou tamén xunto ao seu amo a fabulosa ponte Bibei. as minas auríferas de Montefurado no rio Sil, o castro da actual Santa Trega que despertaba as inquedanzas de todos os arquitectos romanos que visitaban Galiza. 

Nesta época os castros viviron un apoxéo económico, sobre de todo, no sector da construción. O so feito de substituir os tellados de xestas polos de tellas de barro, creou milleiros de empregos, tanto nas telleiras coma nas cuadrillas de canteiros. 

Tamén puido estar na construción do faro adicado a Hércules en terras dos ártabros. 


Viaxe ao berce do império.

Cando cumpría 26 anos (no ano 50 despois de Cristo) Ovidio embarca no Castro de Baroña, preto de Porto do Son, rumbo a Roma para casarse coa filla dun romano que era nomeado por Claudio coma distribuidor do trigo social entre os cidadáns de Roma. Lipo foi o único escravo que chegou vivo xunto a Ovidio, todos os outros pereceron na travesía acosados polas enfermidades. 

Perante a súa estancia en Roma, Ovidio foi, pouco a pouco, distanciándose de Lipo, xa non o levaba consigo nas súas viaxes de construtor de pontes e murallas, prefería rodearse de ambiciosos mozos aduladores que buscaban unha influencia nos medios económicos estatais. 

No ano 54, o sogro de Ovidio caeu en desgracia debido a ascensión o poder de Nerón e os seus ingresos diluíronse vertixinosamente. 

Para manter as súas propiedades hipotecadas, Ovidio procedeu a venda dunha gran parte do seu continxente de escravos. 

A Lipo tocoulle pasar a ser propiedade do gran filosofo, político e dramaturgo cordobés Séneca que, co tempo, introduciuno no seu servizo persoal debido a que Lipo era un dos raros escravos que sabían ler e escribir en Latín. 

Séneca era un achegado de Nerón pero estaba preocupado pola degradación continua do imperio desde a morte de Octavio Augusto o 19 de agosto do ano 14. 

Así, a veira de Séneca Lipo aprendeu que Tiberio fora en exceso parsimonioso e desconfiado que converteu a organización das provincias nunha tremenda burocracia imperial. 

Calígula era un dexenerado, amante da súa propia irmá e chegou a nomear cónsul o seu propio cavalo, morreu asasinado o 24 de xaneiro do 41. 

Claudio foi nomeado emperador nese momento, fixo matar 35 senadores e 221 équitos. Agripina, a súa muller nomeou Séneca educador de Nerón e asasinou a Claudio (o erudito torpe e débil). 

Séneca sabia que, a falla dun emperador do carisma de Augusto, o antigo réxime republicano tiña que ser implantado rapidamente. 

O incendio no que ardeu media Roma na noite do 18 ao 19 de Xullo do ano 64 declarado no Circo Máximo do que se sinalaba Nerón coma presunto instigador fixo brincar a chispa dunha conxura contra el dirixida por Caio Calpurnio Pison e que faría recaer a coroa imperial sobre de Séneca una vez eliminado o déspota, tolo e irresponsable Nerón. 

Dous anos de preparación foron arrasados pola policía política do réxime que descubriu a conxura e mandou prender os líderes. 

Séneca, sabedor da sua fin, mandou preparar un festín na súa casa e, mentres os convidados comían, ordenoulle a Lipo de preparar un baño morno no que se desangrou até que a morte o levou. 

Pouco antes de morrer, sabedor da morriña de Lipo, firmoulle unha franquicia. 


Prudencia lexendaria galega

Pouco despois, cando a garda imperial veu constatar a morte de Séneca, Lipo preferiu non mostrar o documento nun primeiro instante e foi requisado para o servizo da corte imperial. 

No período do 65 ate o 9 de xuño do 68, dia en que Nerón se suicidou, Lipo encetou amizade con outro escravo que asistía polas noites as asembleas clandestinas dun movemento dirixido par un apóstolo do famoso Xesús Cristo chamado Simón Pedro. 

No 65 foi celebrado o primeiro Concilio da Igrexa no que se decidiu que o Cristianismo tiña que ser levado até as cúpulas do poder, e non so predicado ante os pobres e os oprimidos pois para trunfar era preciso concienciar o poder político pensando inxenuamente que se o poder se convertía seria mais humano e bondadoso con os súbditos. 

En aquel mesmo ano o apóstolo Pedro era crucificado cabeza abaixo. 

O dia do suicidio de Nerón, Lipo, presentou o seu documento de liberación asinado tres anos antes por Séneca, temoroso dos disturbios e das guerras de sucesión que todo mundo albiscaba en Roma. 

A chamada da terra

Aproveitando unha expedición que partía para a Península Ibérica en busca de trigo, embarcouse coma escribán. 

Chegado a Castela abandonou o cargo e volveu a Galiza con un saco cheo de recordos e a mesma ansia que levan aqueles que volveron da longa ausencia despois de el perante 20 séculos, as desgracias esquecidas e a esperanza posta nun futuro cheo de felicidade. 

As perspectivas de atopar os seus pais, os veciños do castro, e coa fe posta no seu fillo, que nunca coñecera, facían que cada paso que Lipo daba cara Galiza era unha batalla gañada a maldición e o esquecemento.

Laisser un commentaire

Votre adresse e-mail ne sera pas publiée. Les champs obligatoires sont indiqués avec *