propiedade privada fai soñar pero non é mais que unha ilusión en Suíza.
Un artigo de Suzanne Rosselet da «Tribune de Genève» do 20.06.2014
¿Vostede pensa que en chegando a propietario, xa non terá mais renda exorbitante a pagar ? ¡Perda coidado, o estado está aí para despertalo!
Para moitos, ser, ou chegar a ser, propietario da sua vivenda é un soño: estar na sua casa, amañala ao seu xeito, non ter que dar contas a un amo, non pagar renda, moitas veces exorbitante, a fondos perdidos, todo isto da pracer, polo tanto, pensamos que chegando a ser propietario imos escapar a todo isto.
Pensamos que Suíza, que non é un país colectivista como os antigos satélites da ex-URSS, é un país onde a propiedade é un dereito fundamental. Pois no che é mais que unha ilusión. O verdadeiro propietario é o estado.
Cada vez mais impostos.
Se vostede merca una vivenda, estará sometido a impostos de transaccións inmobiliarias. Se ten a sorte de herdar, pagará os dereitos de sucesión, ademais, a cada cambio de propietario, o estado procederá a unha nova estimación fiscal aproveitando largamente do aumento do prezo do inmobiliario (moitos casos mostran que isto pode superar 400% en un prazo de 20 anos), ¡e non hai posibilidade de recurso a «Monsieur Prix»!
Os membros da comisión de taxación, que saen do Estado e das municipalidades, ten todo interese en avaliar ao nivel mais alto posible: isto aumenta o monto do imposto sobre a fortuna e o imposto sobre os bens inmobiliarios. O Estado atopou, ademais, un estrataxema particularmente vicioso: o imposto sobre o ingreso locatario. Se vostede mora na vivenda da cal é propietario, mételle un imposto sobre un ingreso ficticio, verdadeira renda pagada ao estado, que tamén é susceptible de aumentar en proporción da sua valor
De este xeito, o Estado é o verdadeiro propietario da sua vivenda. Vivenda que vostede risca de ter que deixar cando chegue a xubilación porque a renda volverase insoportable.
Poucos propietarios.
Suiza, famosa pola sua economía aberta e liberal, non deixa de ser un país de locatarios con unha taxa de propiedade entre as mais baixas do mundo: 36% a 43,9% segundo a fonte. En comparación, a taxa é de 80% en Italia, onde a fiscalización en esta materia é concibida de outro xeito, 65,2% nos Estados Unidos e 63,7% en Francia.
Estes países ten practicas moito mais favorables a propiedade privada, como certos cantóns en Suíza, principalmente no Xura (58%) e o Valais (56%), que se explica principalmente pola natureza rural ou a sua política en materia de dereitos de sucesión. Xenebra, con unha taxa de 17%, ven despois de Basilea, o cantón onde a taxa é a mais baixa, so 14,3%.